Concello de Vigo e Vegalsa-Eroski asinan o convenio para o programa “Camiño a camiño”


Abel Caballero e o director de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, asinaron o convenio para financiar o programa municipal “Camiño a Camiño” por noveno ano consecutivo. O importe do mesmo será de máis de 18.000 euros. Deste xeito, organizaranse 8 percorridos mediambientais que desenvolveranse durante os meses de setembro, outubro e novembro nos parques forestais de Bembrive, Beade, Monte dos Pozos e as serras do Suído, Groba, Galleiro e Galiñeiro. Este ano participarán 800 persoas e suman 13.000 en total desde o comezo do programa.