Concello de Vimianzo e XEAL acondicionarán o acceso á central hidroeléctrica de Carantoña

Cedida.

A rexedora, Mónica Rodríguez, mantivo unha xuntanza con representantes de XEAL na que se acordou  realizar estes traballos de mellora para aumentar a seguridade tanto de vehículos como de viandantes.

“Este acordo é algo beneficioso tanto para a veciñanza que circula por ese camiño como para os propios traballadores”, afirma a alcaldesa. “As chuvias do inverno e o elevado tránsito de vehículos na zona desgastaron o firme da estrada, polo que desde o Concello consideramos prioritario o arranxo do mesmo para aumentar a seguridade”, subliñaba Mónica Rodríguez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha