A Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio entre Concello e Deputación para o desenvolvemento do Seafest 2022 ao que achegan 155.000 euros, dos que 100.000 proceden das arcas municipais. O festival, organizado pola Cooperativa de Armadores, celebrarase os días 7, 8, 9 e 10 de xullo. Trátase dun evento de promoción da produción pesqueira local e da súa importancia social e económica co obxectivo de potenciar o emprego nas empresas pesqueiras.