Concello e Protección Civil de Carballo súmanse a campaña de doazón de ADOS

1 minutes read

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Concello de Carballo, en colaboración con Protección Civil deste municipio, están a promover o desenvolvemento da campaña especial “Tres Millóns de Grazas” que achega o solidario xesto da doazón de sangue a toda a xeografía galega. A iniciativa foi presentada en rolda de prensa e contou coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero, e o xefe do área de sangue e compoñentes sanguíneos de ADOS, Carlos Areal Méndez.

Dende ADOS salientouse o seu máis sincero agradecemento tanto á corporación municipal como a Protección Civil e aos veciños e veciñas de Carballo que efectuaron un total de 959 doazóns de sangue ao longo do 2021, o que representa unha taxa de 31 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano, nun período tamén condicionado polas circunstancias da pandemia da COVID-19.

A unidade móbil de ADOS estará na Praza do Concello de Carballo os días 4 e 5 de agosto das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas, así como o sábado 6 de agosto das 10:00 ás 15:00 horas,  para poder atender a todas as persoas que desexen participar nesta campaña en colaboración  coa corporación municipal e Protección Civil de Carballo, coa que se está a distribuír información entre  a veciñanza destinada a promover e incentivar a participación neste acto solidario, así emitir unha megafonía para incentivar a participación. ADOS lembra que para doar sangue, debemos ser maiores de idade, pesar máis de 50 quilos e non padecer ou ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue.