- No hospital precisan luvas, batas ou «mascarillas» xa que hai escaseza
Concellos como o de Cee, Dumbría ou Muxía fixeron un chamamento durante a mañá deste venres para que calquera cidadán ou empresa poña á disposición municipal material para trasladar ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
En concreto precísanse batas, monos despregables, gafas, luvas e/ou «mascarillas» para que os sanitarios e demáis profesionais poidan seguir traballando con seguridade, xa que hai escaseza de algúns produtos.
O Concello de Muxía doou un milleiro de traxes illantes brancos e 250 lentes.
O persoal sanitario tamén pide calma xa que isto non significa que haxa máis casos de coronavirus na comarca.
Quen poida colaborar ten que chamar ao seu concello, policía local ou a membros de Protección Civil da súa localidade que os informarán de como realizar esta xestión.