Concellos da Costa da Morte tínguense de verde polo ‘Día Mundial contra o Cancro’

Concello de Vimianzo

Varias casas consistoriais e edificios públicos tinguíronse de verde con motivo do Día Mundial contra o Cancro, que se celebra este venres, 4 de febreiro. Unha data cun triplo obxectivo: que se destinen máis fondos á investigación, concienciar á sociedade sobre esta enfermidade e apoiar a todas as persoas que a sofren e as súas familias.

A Sociedade Española de Oncoloxía Médica, en colaboración coa Rede Española de Rexistros de Cancro, acaba de publicar o informe ‘As cifras do cancro en España 2022’, un documento no que se estima que este ano no noso país alcanzaremos os 280.100 casos diagnosticados, sendo os máis frecuentes os colorrectais, con 43.370 novos afectados. Seguiranlle o cancro de mama (34.750 casos), pulmón (30.948), próstata (30.884) e vexiga urinaria (22.295).

As fachadas dos Concellos de Vimianzo, A Laracha, Ponteceso, Malpica ou Coristanco son algunhas das que están iluminadas. Ademais, na Praza do Concello de Coristanco instalouse a ‘Mesa Fronteira’ na que os veciños recibiron información sobre a campaña ‘Non todos somos iguais fronte o cancro’.

Concello de Coristanco
Concello de Ponteceso
Concello de Malpica

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha