Máis de 70 concellos do rural reclamaron un cambio nos criterios do reparto dos fondos Next Generation para mobilidade e transportes sostibles. Fano da man da Xunta, que expresou diferenzas cos criterios de reparto do ministerio de Transporte tanto no referido a poboación como económicos. Reclaman máis capacidade de decisión sobre estos fondos. «Pedimos máis. A decisión do Goberno de España de reservarse o 78% dos fondos de reconstrución para mobilidade e conectividade dos recursos europeos deixa soamente un 9% para todas as comunidades autónomas de España e un 13% para todos os municipios de España. Polo tanto, está moi lonxe de que esteamos satisfeitos», dixo Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade. Todos coinciden en que a Galicia rural non pode quedar á marxe dos investimentos en mobilidade verde e sostible, e en reivindicar un reparto de fondos máis equilibrado.
25