Concellos galegos do rural reclaman que non os exclúan dos fondos “Next Generation”


Máis de 70 concellos do rural reclamaron un cambio nos criterios do reparto dos fondos Next Generation para mobilidade e transportes sostibles. Fano da man da Xunta, que expresou diferenzas cos criterios de reparto do ministerio de Transporte tanto no referido a poboación como económicos. Reclaman máis capacidade de decisión sobre estos fondos“Pedimos máis. A decisión do Goberno de España de reservarse o 78% dos fondos de reconstrución para mobilidade e conectividade dos recursos europeos deixa soamente un 9% para todas as comunidades autónomas de España e un 13% para todos os municipios de España. Polo tanto, está moi lonxe de que esteamos satisfeitos”, dixo Ethel Vázquez,  conselleira de Infraestruturas e Mobilidade. Todos coinciden en que a Galicia rural non pode quedar á marxe dos investimentos en mobilidade verde e sostible, e en reivindicar un reparto de fondos máis equilibrado.