Cun minuto de silencio na fachada da sede institucional, responsábeis políticos e persoal da Deputación da Coruña mostraron a súa condena ao triplo asasinato machista acontecido en Valga. Desde a Deputación da Coruña animouse a participar nas mobilizacións convocadas para o día 18 de setembro como mostra de repulsa polo feminicidio que puxo fin ás vidas de Sandra, Alba e Elena.
Desde a Deputación anímase a participar nas mobilizacións do día 18 e tamén do 20 de setembro e reitera o seu compromiso institucional para combater o feminicidio.
Cando se coñeceu a noticia, a Deputación da Coruña emitiu xa un comunicado de repulsa no que animaba á sociedade a participar masivamente nas mobilizacións convocadas para o vindeiro 18 de setembro de condena ao feminicidio, na liña da iniciativa aprobada por unanimidade no pasado pleno de apoiar a campaña #EmerxenciaFeminista, promovida polo movemento feminista, e mostrar o seu compromiso activo na loita contra o machismo.