Concentración contra a violencia machista en Carballo

1 minutes read

O Concello de Carballo convocou a cidadanía a participar na concentración que se levou a cabo este mércores 18, ás 20.00 horas, na Praza do Concello en repulsa polo triplo asasinato machista ocorrido no municipio pontevedrés de Valga.

A corporación e a cidadanía expresaron o sentimento de dor e o rexeitamento da sociedade carballesa a calquera forma de violencia, así coma a máis absoluta repulsa á violencia exercida contra as mulleres. 

Máis dun cento de persoas, chegadas de diferentes puntos da comarca, acudiron puntualmente á cita e romperon en aplausos tras a lectura dun comunicado en repulsa da violencia machista e tres minutos de silencio en memoria de Sandra, Elena e Alba, asasinadas este luns en Valga.

Concentración celebrada este mércores en Carballo contra a violencia machista.