Arou acolleu este domingo unha multitudinaria concentración para apoiar a unha familia que pode perder a súa casa por unha orde de derriba. Leticia López e o seu marido levan moitos anos litigando nos xulgados para tratar de salvar o seu fogar, que se construíu hai trinta anos en chan rústico e cuxa situación irregular foi denunciada por unha veciña. O centro cultural de Arou quedou pequeno para albergar aos centenares de persoas que fixeron acto de presenza para expresar o seu apoio a esta familia propietaria da vivenda ameazada. Entre a multitude de veciños e achegados de todas as idades tamén houbo varios membros do goberno local sacialista, así como as voceiras do PP, Paula Mouzo e do BNG, Xurxo Rodríguez. Tamén estaba a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, acompañada por edís do PSOE e o voceiro nacionalista, Benxamín Queiro.
62