Concentración en Madrid contra o uso obrigatorio da mascarilla

1 minutes read

Este domingo celebrouse en Madrid unha concentración en contra do uso obrigatorio das máscaras. Centos de persoas participaron na protesta celebrada na praza de Colón con mensaxes negacionistas do virus ou peticións de liberdade. Ao berro de «non hai medo», «queremos ver o virus», «non somos delincuentes, queremos respirar» ou «bote, bote, aquí non hai rebrote», unhas 2.500 persoas, segundo a Policía, desafiaron á Covid-19 sen gardar distancia algunha de seguridade e mesmo abrazándose ao berro de «viva o amor, viva a vida, viva a liberdade». Moitos dos asistentes non utilizaron máscaras, malia que os convocantes pediran que o fixeran. O artista Miguel Bosé amosulles o seu respaldo.