Concentración en Santiago pola reestruturación de Coidados Paliativos do Gil Casares

Fonte: xxisantiago.sergas.es

  • Este cambio afectará o persoal de ambos os centros

A Comisión de Centro de Especializada de Santiago concentrarase este xoves, ás 12:00 horas enfronte ao hospital Gil Casares, para protestar pola reestruturación que conleva o cambio da unidade de Coidados Paliativos desde o hospital Gil Casares para Conxo.

Trátase da primeira protesta desde que se formou a nova Xunta de Persoal. Desde o sindicato denuncian que este cambio afectará a persoal de ambos os hospitais, xa que moitos terán que ser reatribuídos, así como á perda de camas.

A xerente de Xestión Integrada de Santiago anunciou que a unidade de Coidados Paliativos ocupará a planta na que se localizaba o servizo de Pneumoloxía no Provincial de Conxo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha