Celebradas varias concentracións na Costa da Morte contra a guerra en Ucraína

0 minutes read

Este venres, parte do plantel do persoal municipal do Concello de Vimianzo gardou 5 minutos de silencio coincidindo o aniversario do comezo da guerra de Ucraína, e en solidariedade coa súa poboación e os seus millóns de desprazados, así como para urxir a fin do conflito bélico orixinado polo presidente ruso, Vladimir Putin, contra a nación de Ucraína e o restablecemento da paz e a legalidade democrática internacional.

Ás portas do Concello da Laracha tamén tivo lugar unha concentración silenciosa de 5 minutos en sinal de apoio a Ucraína ao cumprirse un ano do inicio do conflito bélico.