40
- Comezará ás 12:00 horas diante do centro médico da localidade
A plataforma Pediatras e matronas XA! convoca unha concentración para este domingo 13, diante do centro de saúde de Cee, para esixir máis pediatras e matronas na atención primaria da Costa da Morte, un dos territorios «con maior déficit» deste tipo de persoal.
Sinalan que este servizo non se proporciona en numerosos centros de saúde e que tampouco se intentan cubrir as baixas ou vacacións por outros facultativos, senón que «se pechan algúns servizos para atender outros», unha situación que estende o problema dentro dun sector demasiado saturado.
A xuntanza comezará ás 12:00 horas e desde a entidade piden aos participantes que leven pandeiretas ou tixolas para «facer máis ruído».