Israel acumulou un enorme número de tropas ao longo da fronteira para unha ofensiva a gran escala. Todo esta listo, din, mesmo por se se produce algún xiro na fronteira co Líbano, onde o intercambio de lume con Hizbulá é máis intenso.
Grupos armados presentes na provincia meridional siria de Deraa lanzaron polo menos un foguete contra Israel, que respondeu con artillería e morteiros, no segundo incidente deste tipo ocorrido nos últimos tres días, informaron fontes de ambos os lados da fronteira. O Exército israelí informou que dous proxectís «lanzados desde Siria» caeron nunha área despoboada do territorio israelí e anunciou que pouco despois as súas forzas dispararon artillería e morteiros contra as zonas onde se orixinou o ataque.
Entre tanto chegan reservistas desde o estranxeiro, continúan os intercambios de ataques con foguetes e as distintas operacións localizadas das Forzas de Defensa de Israel para descubrir e destruír os túneles de Hamás que chegan ata territorio israelí.
As autoridades de Gaza informan de que o sábado foi o día máis mortífero, 300 palestinos mortos por ataques israelís en 24 horas. Súmanse aos máis de 2.000 gazatíes que morreron estes días.
A OMS alertou de que o bloqueo e a guerra poden supoñer unha sentenza de morte tamén para os máis de 2.000 pacientes do hospital norte, entre eles recen nacidos e persoas en coidados intensivos.