Concentración máxima do Bergantiños na súa saída a Cangas

0 minutes read

O Bergantiños visita este domingo o Municipal do Morrazo para medirse co Alondras no seu cuarto duelo da Segunda Fase de Terceira División, o cal dará comezo ás 19:00 horas. O adestrador do equipo carballés, José Luis Lemos, afirma na previa do partido que espera un Alondras «como o que vimos aquí durante a primeira hora de partido. Un equipo que nos complicou». «Todo o mundo está moi concentrado, non só polo que supón, se non porque cada partido é unha final». «Temos que estar o máis preto posible do noso máximo nivel».