30
Membros da corporación provincial e traballadoras e traballadores da Deputación da Coruña concentráronse este luns ante a sede da institución provincial, onde gardaron un minuto de silencio en memoria de Samuel Luiz, vítima dunha brutal agresión que acabou coa súa vida esta fin de semana na Coruña.
A Deputación manifesta o seu firme rexeitamento a este tipo de actos violentos que non deben ter cabida na nosa sociedade e traslada as súas condolencias á familia e amigos de Samuel.