- O alcalde leu na concentración veciñal celebrada ao mediodía o texto asinado polos catro grupos políticos municipais.
Este manifesto introduce unha serie de demandas tanto da Xunta de Galicia coma do Goberno Central e foi aprobado no pleno ordinario deste luns 25, que comezou cun minuto de silencio.
Da Administración autonómica requírese que garanta a gratuidade da asistencia xurídica ás vítimas, que promova un programa específico de formación e que desenvolva un protocolo de atención tamén específico. Da estatal reclámase a introdución do concepto de consentimento no marco legal, a modificación da definición de violencia de xénero de acordo co Convenio de Istambul e as accións precisas que que os delitos de violencia sexual sexan instruídos nos xulgados de violencia machista. Do que se trata, en definitiva, é de que a violencia sexual sexa considerada e tratada como o que é: violencia machista.
