Varios concellos da Costa da Morte sumáronse este luns 12 de febreiro, á concentración convocada pola Federación Española de Municipios y Provincias pola morte en acto de servizo de dous gardas civís, na localidade de Barbate, en Cádiz, na noite do pasado venres 9 de febreiro, en tarefas de loita contra o narcotráfico. A concentración levouse a cabo de forma simultanea ás 12.00 horas nas prazas de diferentes concellos, desde onde trasladaron o seu apoio e agarimo ás familias dos falecidos e tamén recoñeceron a labor que realizan os membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.