24
Dentro da programación de San Xoán, o Coro Aires de Bergantiños ofrecerá este sábado as 21:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura un concerto, aberto a toda a veciñanza, para conmemorar o XXXIV aniversario da súa fundación. A agrupación, unha das de máis sona e tradición do municipio, fará un repaso pola súa traxectoria que combinará coa interpretación dalgunhas das últimas pezas engadidas ao seu repertorio.
O coro Aires de Bergantiños foi fundado en 1985 polo humorista Carlos “O Xestal”co mesmo obxectivo que segue mantendo vivo a día de hoxe: recuperar, manter e divulgar o folclore tradicional galego.