Conclúe a renovación de cubertas e terraza do Centro Cívico de Malpica


O Concello de Malpica concluíu os traballos de renovación das cubertas e da terraza do Centro Cívico. Ambas as infraestruturas carecían de illamento e impermeabilización, polo que se producían filtracións de auga, o que derivaba en humidades nos espazos interiores. O total do orzamento da licitación supón 33.936,58 euros.

Por isto, desde a administración local impulsouse o proxecto da súa reparación, que consistiu na execución de cubertas sobre as xa existentes, incrementando a cota do chan nuns 20 centímetros. Desta maneira, as terrazas actuais pasan a non ser transitables. Retiraronse as varandas e a estruturas que soporta, así como tamén se desmontou o peche modular de metal anexo ao CEIP Milladoiro, a cal se pintará para o final da obra.

O alcalde, Walter Pardo, sinala da “mellora substancial que supoñen estes traballos á hora de dotar este espazo da calidade idónea. Un dos lugares que máis demanda ten en Malpica, a nivel educativo, cultural, e tamén de reunións, non podía presentar as deficiencias que alí se daban”, sinala o rexedor.