Conclúe a retirada dos apoios das liñas de media tensión entre o polígono do Tambre e o cemiterio de Boisaca

A actuación, levada a cabo pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, supuxo un investimento de 2,2 millóns de euros, é a primeira intervención de integración paisaxística dos Camiños de Santiago á súa entrada en Compostela, neste caso ao seu paso polo polígono do Tambre, que se finaliza.

Para facer compatible a peregrinación co traballo no polígono e co respecto aos usuarios do cemiterio de Boisaca executouse unha reforma de toda a superficie e reordenáronse os espazos, deixando este ámbito preparado para recibir mellor aos peregrinos, co acondicionamento integral dun treito de 800 metros do Camiño Inglés.

A intervención permitiu, ademais, unha mellor integración paisaxística, que se viu complementada coa colocación de elementos de mobiliario urbano, como peches ou luminarias, e a incorporación de espazos verdes que amortiguarán as molestias do tráfico sobre os camiñantes e peregrinos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha