Conclúe en Zas a primeira parte do proxecto “As regueifas dos Pazos”

2 minutes read

Xusto coa chegada das vacacións do Nadal, o alumnado dos tres centros educativos do Concello de Zas veñen de rematar a primeira fase do proxecto “As regueifas dos Pazos” coa publicación de varios vídeos nas redes. 

Trátase dun proxecto educativo impulsado polo Concello de Zas a comezos do presente ano académico e no que están a traballar alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose, do CPI de Zas e do IES Maximino Romero de Lema. En concreto nesta primeira fase participaron alumnados de 4º e 6º de Educación Primaria e un grupo mixto de Educación Secundaria. O principal obxectivo de “As regueifas dos Pazos” é o de poñer en valor a arquitectura civil do noso municipio, exemplificada nos seus pazos e casas grandes, a través de creacións literarias e musicais coa composición de regueifas. Con este tipo de traballo os máis novos dan a coñecer o patrimonio do Concello empregando as novas tecnologxías xa que foron elas e eles as encargadas de gravar e montar os vídeos. 

Alumnas e alumnos de 6º de Primaria do CEIP Labarta Pose.
Alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria do CPI de Zas.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?