Conclúen na Laracha as obras no núcleo das Torres de Cillobre e na confluencia da Avenida Fisterra coa rúa Santiago

A intervención nas Torres de Cillobre incluíu a renovación da superficie de rodadura dos vehículos para mellorar as comunicacións tanto cara a capela de San Roque e San Antonio como cara o elemento patrimonial que dá nome ao lugar e que foi adquirido recentemente polo Concello para a súa recuperación e posta en valor. Ademais, a carón da AC-552, xusto na entrada ao núcleo urbano da Laracha, deuse continuidade ás beirarrúas existentes coa construción dun novo tramo, foi ordenado o espazo e creada unha área verde de descanso con mobiliario urbano.

A outra actuación, moi próxima a ese lugar, afectou ao punto de confluencia da Avenida Fisterra coa rúa Santiago. Tamén nese lugar foi construído un novo tramo de beirarrúa e realizada a nova sinalización horizontal e vertical. Este tramo era o único que restaba para dar plena continuidade ao itinerario peonil continuo de máis de 7 quilómetros ao longo da AC-552 desde Paiosaco ata o límite co municipio de Carballo na parroquia de Lemaio.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Pablo Cambón, mantiveron un encontro no lugar das intervencións co director da obra e co responsable da empresa adxudicataria para interesarse polo resultado dos traballos executados.

O investimento en total sitúase en torno aos 50.000 euros.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar