Concluídas as obras de pavimentación interior na Esquipa, en Cereixo, en Vimianzo

O Concello de Vimianzo rematou recentemente o proxecto de pavimentación interior no lugar da Esquipa, na parroquia de Cereixo. A actuación, que supuxo un investimento de 188.183 euros, foi unha importante mellora para a veciñanza, incrementando a seguridade para o tráfico rodado.

Os traballos consistiron na pavimentación en formigón semipulido das vías interiores do núcleo, así como a instalación dunha nova rede de sumidoiros dotada dun sistema de recollida de augas pluviais mediante rígola central e imbornais, co obxectivo de optimizar a evacuación da auga e evitar acumulacións os días de choiva.

Ademais, na zona da beirarrúa da estrada DP-9202 procedeuse á reparación da mesma. Incluíuse tamén unha rede separada de augas pluviais e fecais coa que se substitúe a rede única existente ata o momento.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, resaltou que “sumamos unha nova intervención que reafirma o noso compromiso coa modernización das infraestruturas básicas nos diferentes lugares do noso municipio, garantindo condicións axeitadas de mobilidade en todo o territorio”.

Related posts

‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’: campaña para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas polo 8M

O PIE da Laracha facilitará o acceso ao mercado laboral a 100 persoas desempregadas

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras na Costa da Morte desde a súa creación