Concorrida feira dominical en Paiosaco coa horticultura como protagonista

Plano general de la zona de las casetas de la Feira de Horticultura.

A cita estaba servida e a ocasión non era para menos, nunha mañá de verán, Paiosaco acollía este domingo na súa feira dominical, como complemento, a quinta edición da Feira de Horticultura, organizada polo Concello en colaboración coas asociacións A Terriña e Horta do Noroeste. Centenares de persoas abarroraron o recinto feiral en xeral, pero sen dúbida as dieciseis casetas da feira, situadas no antigo espazo reservado para a trata de gando, levaron o protagonismo da xornada. Ademais, a Consellería de Agricultura e Medio Rural instalou na zona unha oficina móbil de información. Cabe destacar a gran aceptación das demostracións culinarias da chef Beatriz Sotelo.

Showcooking en directo na Feira de Horticultura.
Tomates da ‘Avoa de Osedo’ noutra das casetas.
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, recibindo información nunha das casetas.