As cereixas comezan a ser produto estrela na feira de Paiosaco.
33
Centenares de persoas ateigaron este domingo a segunda feira do mes de maio en Paiosaco. Unha ampla oferta de produtos agrícolas de proximidade e outros non tanto, pero de tempada, animaron unha xornada matinal un tanto fresca. Con certo protagonismo están os pementos de Padrón a 5 euros a bolsa e tamén as cereixas, a 6 euros o quilo.
Ademais os tres partidos que concorren na Laracha ás eleccións municipais do 28 de maio, PP, BNG e PSdeG-PSOE, tiveron unha destacada presenza e actividade de campaña durante toda a mañá.
O actual alcalde do Partido Popular, José Manuel López Varela, contou co apoio do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.Palomi Rodríguez, candidata do Partido Socialista á alcaldía da Laracha, estivo moi activa informando aos presentes do seu programa de goberno.Carolina Cartiñeiras, candidata do BNG á alcaldía da Laracha, estivo arroupada por un amplo número de compañeiros/as de candidatura. Ademais co seu programa, o BNG entregaba unha bolsiña con cereixas, promocionando unha das festas estrela da vila larachesa.