Concorrida procesión do san Cristovo en Carballo

Multitudinaria procesión de camións, coches e motos engalanados con flores, con plantas e con estampas, recibiron este domingo a bendición do cura parroquial na esplanada da igrexa do san Cristovo en Carballo. Logo iniciaron un percorrido quilométrico polas rúas do centro urbano, facéndose oir ao son de bocinazos e ruído de motores. O bo tempo que acompañou a procesión animou a que esta fose moi vistosa e concorrida ao longo de todo o seu traxecto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha