En plena campaña política, de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio, a maioría dos partidos que concurren a esta cita electoral saíron a rúa para darse a coñecer, saudar a veciñanza e tamén abrir os seus respectivos programas políticos a modo de información. Na capital de Bergantiños, BNG, PP, PSdeG-PSOE e Xuntos Carballo M+J, montaron os seus respectivos puntos informativos cada quen debaixo da súa correspondente jaima na confluencia da rúa Coruña con Desiderio Varela, os candidatos de VOX e Podemos, estiveron máis ben ausentes. Polo demais, todos os cabeza de lista se deixaron ver pola zona e ademais dun programa informativo a modo de folleto había abundancia de chapas, bolígrafos, piruletas e o BNG tamén entragaba o seu Boletín número 43 #omellorparacarballo, acompañado ademais nunha bolsa dun molete de Pan de Carballo. O bo tempo acompañou e á parte do interese pola política, centos de persoas acudiron a vender, tratar ou mercar os produtos de proximidade que como cada xoves ou domingo de feira conflúen na praza do concello e arredores, tamén neste caso no campo da feira da Milagrosa.


