Concurso para construir un auditorio ao aire libre e mellorar a contorna da cafetería da praia de Balarés, en Ponteceso

Balarés_Cedida.

A Deputación da Coruña e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asinaron, entre outros, un convenio de colaboración para a convocatoria dun concurso de proxecto de arquitectura destinado a promover unha intervención emblemática na praia de Balarés, en Ponteceso. A iniciativa ten como obxectivo potenciar a calidade arquitectónica, a sustentabilidade e o respecto polo patrimonio histórico e natural da provincia.

Neste caso a iniciativa pretende integrar a arquitectura coa paisaxe natural, creando un novo espazo cultural e social para concertos e actividades ao aire libre que dinamice o turismo e a vida comunitaria da comarca de Bergantiños. O orzamento de execución material previsto ascende a 150.000 euros para este auditorio.

Related posts

O PSdeG esixe unha ‘reforma integral’ do colexio Labarta Pose de Zas

A Asemblea Aberta do Profesorado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso súmase aos «martes en loita»

Adxudicado o proxecto para reducir as infiltracións na rede de saneamento da Laracha