O Concello de Cabana busca dinamizar a actividade neste Nadal a través da promoción, un ano máis dos concursos “Decora o exterior da túa casa no Nadal” e “Crea a túa Postal de Nadal”.
Deste xeito, en cada un destes concursos haberá un total de tres propostas premiadas cunha cesta de Nadal cada unha. No caso do certame de postais será, un premio por cada modalidade: infantiL (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 30 anos) e adultos (maiores de 30 anos), mentres que no concurso de decoración outorgaranse os premios aos fogares mellor adornados en base ao deseño, orixinalidade iluminación e cantidade e tipoloxía de materiais reciclados utilizados.
As persoas interesadas en participar nestas iniciativas poderán inscribirse ata o 30 de decembro a través da dirección de correo cultura.concello@gmail.com, a través de whatsapp no 609 212 230 ou presencialmente no Concello entregando en calquera dos casos os documentos anexos dispoñibles na web municipal.
A entrega dos materiais farase a través dos mesmos medios indicando nome da peza e da persoa ou familia á que corresponda a autoría, e no caso de facer a entrega por correo deberase sinalar tamén no asunto o concepto “DECORAR” ou “POSTAL”.
As persoas que participen en “Decora o exterior da túa casa no Nadal” deberán deixar os seus fogares adornados ata o 5 de xaneiro de 2023.