Conde insta ao Goberno a sumarse ao pacto de Estado por Ferrol

1 minutes read

Francisco Conde insta o Goberno a aproveitar os fondos europeos para revitalizar o tecido empresarial de Ferrolterra. O vicepresidente económico da Xunta estivo cos sindicatos e con organizacións empresariais da comarca. Conde aposta por diversificar a actividade, e puxo como exemplo o desenvolvemento das iniciativas relacionadas coa enerxía eólica mariña. Reclamou máis carga de traballo para Navantia e chamou ao esforzo conxunto de todas as administracións para atraer investimentos a Ferrolterra aproveitando o novo marco de oportunidades que se poden abrir actualmente, como é o caso dos fondos europeos Next Generation e o Pacto de Estado por Ferrol, Eume e Ortegal.