Conde-Pumpido, elixido novo presidente do Tribunal Constitucional

Foi elixido tras impoñerse na votación á outra candidata, María Luisa Balaguer, por un só voto, segundo informaron fontes xurídicas. O novo presidente ostentará o cargo durante os dous anos e medio próximos. Fontes do tribunal de garantías informaron do resultado da votación na que tamén se designou á maxistrada Inmaculada Montalbán como vicepresidenta do órgano. Segundo fontes do tribunal, Conde-Pumpido dirixiuse aos seus compañeiros tras ser elixido presidente e falou da unidade de España recalcando que a autodeterminación non ten cabida na Constitución, «recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas». 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha