0
Irmgard Fuschner ten 97 anos, pero na súa mocidade foi secretaria nun campo de concentración nazi. Agora, un tribunal alemán condenouna a dous anos de liberdade condicionada porque a considera cómplice de case 11.000 asasinatos. Varios sobreviventes do campo declararon na súa contra no xuízo, o primeiro proceso contra un empregado civil. O campo de Stutthof, onde Irmgard traballou, foi o destino de polacos, soviéticos e xudeus procedentes de diferentes países. Calcúlase que unhas 60 000 persoas morreron alí por inxeccións letais, fusilamentos, frío ou inanición.