A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a trece anos de cárcere a un home que tentou asasinar a súa exparella en maio de 2019 acoitelándoa nas oficinas de Unións Agrarias de Vimianzo, onde ela traballaba, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ademais da pena de prisión, o tribunal impúxolle a Javier Miñones sete anos de liberdade vixiada, a prohibición de comunicarse por calquera medio coa vítima e de aproximarse a ela durante quince anos, así como a prohibición, durante o mesmo período, de residir no mesmo termo municipal que a súa excompañeira sentimental. Os xuíces, que tiveron en conta a agravante de discriminación por razón de xénero, tamén lle impuxeron o pago dunha indemnización de 30.500 euros polo dano moral e as lesións e secuelas que lle quedaron á muller.
49