Condenado o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán (PP) por chamar «chacha para todo» a Carmela Silva

1 minutes read

Un xulgado de Pontevedra condena o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, do Partido Popular, por chamar «chacha para todo» de Abel Caballero á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (PSdeG). A sentenza, que é recorrible, considera que Durán incorreu nun delito leve de falta de respecto e consideración debida á autoridade no exercicio das súas funcións e impón a Durán unha multa de 12 euros ao día durante un mes. No xuízo, Carmela Silva ratificou o contido da denuncia presentada e sinalou que «durante bastante tempo» ten recibido «descualificacións e insultos gravísimos e claramente machistas» por parte do alcalde de Vilanova referidas á súa condición de muller.