Condenado o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán (PP) por chamar “chacha para todo” a Carmela Silva


Un xulgado de Pontevedra condena o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, do Partido Popular, por chamar “chacha para todo” de Abel Caballero á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (PSdeG). A sentenza, que é recorrible, considera que Durán incorreu nun delito leve de falta de respecto e consideración debida á autoridade no exercicio das súas funcións e impón a Durán unha multa de 12 euros ao día durante un mes. No xuízo, Carmela Silva ratificou o contido da denuncia presentada e sinalou que “durante bastante tempo” ten recibido “descualificacións e insultos gravísimos e claramente machistas” por parte do alcalde de Vilanova referidas á súa condición de muller.