Condenan a un policía coruñés por dispararlle a un detido sen xustificación

2 minutes read

Un policía local da Coruña acusado de ferir con arma de fogo a un detido aceptou o pagamento dunha multa de 540 euros e dunha indemnización á vítima de máis de 5.000 no xuízo fixado para este luns na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña. O ferido, á súa vez, asumiu unha pena de dez meses de prisión por condución temeraria cando tiña o permiso de conducir retirado pola perda total dos puntos. Fixérono após un acordo entre a Fiscalía e as defensas ao recoñeceren os feitos os procesados e acordarse unha rebaixa da condena que os dous homes aceptaron.

Así, o Ministerio Público considerou os feitos cometidos polo axente como constitutivos dun delito de lesións por imprudencia menos grave cunha pena de 540 euros de multa, alén do pago dunha indemnización á vítima dun importe total de 5.275 euros. A Fiscalía condenou tamén ao home que sufriu o disparo por un delito de condución temeraria con agravante de reincidencia cunha pena de seis meses de prisión e outro de condución con permiso retirado con catro meses e 16 días de cárcere.

OS FEITOS

O ferido fora dado o alto por concudir embriagado e sen carnet de conducir por pérdia total de puntos. “Durante esta actuación o procesado decidiu extraer e exhibir a súa arma regulamentaria sen que até entón fose víctima de acto ningún de agresión que xustificase a necesidade de facelo”, sinala o escrito de Fiscalía. Así, “xa coa arma na man” achegouse ao civil que nese momento estaba apoiado de cara á parede do inmóbel coa intención de cachealo e esposalo. Cando procedía a iso “con omisión da mínima dilixencia exixíbel”, apoiou a pistola contra o corpo do condutor e a arma “disparóuselle accidentalmente”, alcanzándoo á altura do brazo dereito.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?