O Xulgado de Instrución número 4 de Cambados condenou a un veciño de Sanxenxo, que responde as iniciais DSL, por coacción e ameazas contra catro coordinadores de VOX Pontevedra no transcurso dunha xornada informativa.
Os feitos producíronse o pasado mes de abril, cando o condenado achegouse a unha mesa informativa de VOX, instalada en Sanxenxo, e procedeu a arrincar a bandeira de España, envorcar a mesa informativa e ameazar aos coordinadores do partido. Tal e como recoñeceu a sentenza, o condenado, quen chegou a agarrar a un dos membros do brazo, retou a algún dos membros da formación: “Ven á praza do lado que che rajo” “Que queres, que che parta a cara?”. E lanzou diferentes ameazas e insultos: “Vou matar, vou matar fillos de puta” “vou matar fillos de puta”, “oxalá che mate, oxalá maten as túas fillas, a ver quen che vai a defender”.
O presidente de VOX Pontevedra, Álvaro Díaz Mella, móstrase satisfeito coa condena, aínda que se lamenta de que os feitos non fosen cualificados de delitos de odio xa que, tal e como demostra a sentenza, o acusado actuou contra as vítimas polo simple feito de pertencer a un partido político, atacando ao exercicio dos seus dereitos fundamentais.
Agora, o condenado que xa tiña denuncias e detencións por situacións parecidas deberá abonar o importe das custas procesuais e unha sanción de 1.350 euros pola totalidade dos delitos. En caso de falta de pagamento, supoñería dous días de cárcere por cada unha das cinco cotas impagadas. A maxistrada tamén obriga ao acusado a indemnizar ao partido co importe do custo dunha bandeira de España como a que foi esnaquizada durante o suceso.
Para o presidente de VOX Pontevedra, Álvaro Díaz Mella, “o condenado actuou contra as vítimas por pertencer a un partido político, atacando ao exercicio dos seus Dereitos Fundamentais”. Con todo, asegura que “non haberá ameaza, insulto ou intento de coacción que pare aos membros de VOX”. “Seguiremos danto a batalla”, advirte.
