A xustiza dos Paises Baixos condena a cadea perpetua a tres dos catro acusados polo derribo do MH17 de Malaysia Airlines que matou os seus 298 ocupantes. O tribunal dixo que os condenados tiveron un papel fundamental no lanzamento do mísil e apuntou tamén que estos pensaron que era un avión militar.
Moscova, que se negou a entregar ós acusados, promete estudar a sentencia.
O derribo do voo MH17 conmocionou ó mundo o 17 de xullo de 2014. Realizaba a ruta Ámasterdam-Kuala Lumpur. A maioría das victimas, 195, eran de nacionalidade neerlandesa, pero tamén había varios cidadáns de nacionalidade malaia e australiana. Tras anos de investigación, análise de restos do mísil e escoitas telefónicas interceptadas, o tribunal concluíu que as accións militares dos condenados estaban coordinadas por Moscova e que Rusia estaba involucrada nas accións dos rebeldes.