38
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago ditou unha sentenza en que estima parcialmente un recurso presentado pola familia dun paciente transplantado de pulmón de Vigo, que faleceu a causa do diagnóstico tardío dun pneumotórax (que derivou nunha infección), e condena o Sergas e a súa aseguradora a pagar unha indemnización de 44.000 euros máis xuros.
Segundo a sentenza (que non é firme), os servizos médicos do Sergas incorreron nunha grave demora, ao non detectar un pneumotórax cando o paciente acudiu a Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O problema foi diagnosticado unha semana despois, cando a situación do home xa empeorara de forma irremediable.