Coñece un pouco máis a Ariel Rot, a estrela musical do San Xoán de Carballo 2025

Ariel Rotenberg Gutkin, máis coñecido como Ariel Rot, nado en Buenos Aires o 1 abril de 1960, é un guitarrista, cantante, compositor e produtor musical arxentino que ctuará na Praza do Concello de Carballo, a noite do 24 de xuño, festexando case 50 anos de música. Tequila foi o nome que lle acompañou no inicio da súa andaina musical coma se fose o seu propio apelido. A banda xurdida á súa chegada a España tras fuxir do golpe militar que azoutou Arxentina en 1976 pechou o seu ciclo na década seguinte, abrindo entón a senda en solitario de Rot, que non tardou en adoptar un novo apelido: o da familia dos Rodríguez. «Son momentos da vida e ningún é mellor nin peor; o que ten que ser é coherente e o que non podes facer é forzar unha banda se non existe», explica: «Eu xamais fun buscar unha banda poñendo anuncios no xornal; o núcleo central sempre foi un proxecto de amigos e, da mesma maneira en que nun momento formáronse as bandas, tamén se separaron». Non titubea en comparar o compromiso dunha formación co dun matrimonio. «É unidos para sempre», di: «E eu non volvín ter esa sensación; só a tiven esas dúas veces».

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte