Coñeces a Muiñeira de Santa Margarida de Montemaior?

0 minutes read

Santa Margarida de Montemaior está situada nun fermoso contorno rural, á beira dunha densa carballeira, esta igrexa de estilo neorrománico foi levantada entre finais do século XIX e os primeiros anos do XX. Posúe planta irregular con catro capelas laterais e a súa estrutura aérea é de bóvedas de crucería. A fachada principal presenta un sistema pentagonal de eixo vertical que vén marcado pola porta de entrada, a xanela abucinada e a espadana de dous ocos. Sitúase nun amplo espazo libre no que se atopa unha densa carballeira, moi coñecida pola celebración da romaría de Santa Margarida.