Conexión Pingüín, con Luis Iglesia e Marcos Orsi, chega a Vimianzo

Conexión Pingüín_Cedida

  • A modo de previa, a compañía ofrecerá este xoves un pase para o alumnado do IES Terra de Soneira

O Auditorio de Vimianzo acollerá o vindeiro 17 de abril a obra Conexión Pingüín, unha comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi.

Como anticipo, este xoves ás 10.30 horas Culturactiva Producións ofrecerá un pase para o alumnado do IES Terra de Soneira como parte do traballo de creación e residencia artística que están a facer no Auditorio.

Esta obra é unha reflexión cómica da incomunicación, na era da inmediatez e da tecnoloxía, entre dous intrépidos montañeiros que tratarán de chegar á Antártida.