- Será este mércores a partir das 19:00 horas
O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte-MACCMO de Corme acollerá este mércores a conferencia “Made in USA. Cando as minorías tocan o poder” da xornalista Nuria Ribó grazas á Fundación Torre-Pujales. Será a partir das 19:00 horas.
Ribó (Barcelona, 1942) é unha profesional da comunicación que ten ás súas costas case trinta anos de experiencia no mundo do xornalismo audiovisual. Traballou durante unha década como correspondente de TVE en Nova York e Londres, ademais de desenvolver a súa labor en medios como Ràdio Barcelona- Cadena SER, Radio Nacional Española, COMRadio, RA1 e Catalunya Ràdio.
A catalá tamén é a autora do libro Hillary Clinton (1993). Actualmente colabora co diario El Mundo, en diversas revistas mensuais, Catalunya Ràdio e, dende 1997 coa Televisión de Cataluña.