Conferencia do historiador Ángel Peña | Este mércores en Carballo

1 minutes read

Ángel Peña Martín, doutor en Historia da Arte pola Universidade Autónoma de Madrid, especializado na investigación da imaxe relixiosa na Idade Moderna, os seus usos e funcións culturais, a clausura feminina, o Nadal e o belén. Peña articipou en decembro na inauguración da exposición De Belén ao Finisterrae, que pode verse ata o día 16 no andar -1 do Pazo da Cultura (de luns a venres, de 16.30 a 20.30 horas), e este mércores 18 coroará o paso por Carballo dunha das mellores coleccións de beléns do mundo coa conferencia titulada O belén, patrimonio inmaterial. O acto celebrarase ás 20.30 horas no Centro Social San Xoán Bautista, coa colaboración da parroquia de Carballo.