Conferencia sobre sendeirismo, o próximo sábado, no centro cívico de Malpica

1 minutes read
  • Estará impartida polo instructor de procura e salvamento en montaña, Antonio Ulloa Reinoso

O próximo sábado, día 11, o centro cívico de Malpica acollerá a conferencia Camiñando pola natureza, onde o licenciado en medicina e tamén instrutor de procura e salvamento en montaña, Antonio Ulloa Reinoso, analizará os riscos de facer sendeirismo ou alpinismo sen coñecer algunhas técnicas. Tamén falará do equipamento e material necesario para poder practicar este deporte. Será a partir das 10.30 horas.

Despois da conferencia, organizada pola concellaría de Educación de Malpica, haberá un debate no que poderán participar os asistentes. A entrada é de balda ata completar aforo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?