A formación municipalista Xuntos Carballo M+J vén de celebrar unha reunión na súa sede situada na rúa Desiderio Varela 20-1°Izda de Carballo. Na mesma confirmáronse definitivamente os lugares que ocuparán os distintos candidatos e candidatas na lista electoral que a agrupación presentará nas próximas eleccións municipais. Aínda que dita lista estaba pechada desde hai meses e o primeiros catorce postos consensuados, considerouse necesario que democrática, presencial e libremente se ratificasen a súa totalidade a través da correspondente acta nun exemplo de transparencia e bo facer.
Ao acto asistiu un alto representante do partido por un Mundo máis Xusto chegado desde Madrid, dada a excelente relación que a agrupación carballesa mantén con esta opción política, que se plasmou no correspondente convenio de colaboración que ambas as forzas asinaron fai xa máis dun ano. Reflíctese tal acordo coa presenza de Xesús Deus Gende que é o portavoz autonómico e de Nieves Sánchez Calle signataria en a coordinadora autonómica, ambos residentes en Carballo.
Asi pois Xesús DeusGende será o cabeza de lista e candidato á alcaldía como xa foi comunicado no seu día, seguiranlle nos seguintes 14 postos José Luis Bardanca Rojo, Patricia Rodríguez Cruz, Nieves Sánchez Calle, Marco Bardanca Mato, María Jesús Seoane Vázquez, Sergio Gundin Vilanova, Mariluz Cambón Varela, Perfecto Méndez Lema, Brenda Manteiga Blanco, Juan Carlos Rey Pensado, María Esperanza Pérez Rama, Víctor Manuel Fraga Arantón, María del Mar Ordóñez Abelenda e Miguel Sánchez Calvo.
“Nesta reunión puidemos observar o optimismo que se respira entre todos/as os compoñentes deste proxecto, que naceu para ser chamado a cambiar o rumbo dun concello opaco, autoritario, ancorado na constante demagoxia, engano e unha oposición inexistente na defensa dos intereses da cidadanía, tal cal fose o río Guadiana que aparece ou desaparece segundo a estación do ano en que se atope. Unha forza municipalista cuxo obxectivo é que todo cidadán/a de esta localidade teña todos os dereitos garantidos que como ser humano correspóndelle. Non vimos dar espectáculos circenses, nin baños de masas de incondicionais de forzas políticas máis centradas na loita polo poder, institucións autonómicas, estatais ou encherse os petos con diñeiro público. Os nosos valores xorden desde o rigor, o respecto, a fraternidade, a humildade, a transferencia en tempo real, da nosa palabra e honra, algo que xa non existe entre os políticos profesionais, por iso levamos máis de catrocentas reivindicacións veciñais publicadas en diferentes medios de comunicación, e moitas delas a través do rexistro de entrada do consistorio. Somos Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, a forza do pobo”, sinala Xesús Deus Gende.