Confinado un pesqueiro en Marín tras dar positivo toda a tripulación

0 minutes read

Confinado o pesqueiro Sanamedio en Marín tras daren positivo os 12 mariñeiros que integran a tripulación. O barco está atracado no porto de Marín, que é a súa base. As autoridades sanitarias determinaron que teñen que permanecer no buque sen poder desembarcar ata polo menos o 5 de novembro, que é cando está previsto que lles fagan unha nova PCR. O pesqueiro, que faena no Gran Sol, tivo que dar volta cando un dos mariñeiros deu positivo tras facerlle un dos tests de detección que levan a bordo.